O Solfege pode empregar tres instrumentos diferentes á hora de reproducir os acordes. Un para o ton máis alto, outro para os tons do medio e o último para o ton máis baixo. Isto pode ser útil se ten dificultade para identificar tons individuais nos coros.
O Solfege emprega esta información nalgúns exercicios en que o usuario ten que entoar.
Estes botóns de axuste informan ao Solfege do ton máis alto e máis baixo que o usuario é quen de entoar. O programa considera estes valores só de forma orientativa. Por exemplo, se os valores están estabelecidos de do
a do'
e vostede configurou o programa para que lle pida que entoe décimas máis pequenas ou máis grandes, probablemente terá que entoar tons fóra dese rexistro.
Introduza as liñas de comandos que poden converter un formato de audio noutro. %(in)s
cambiarase co nome do ficheiro que se vai converter e %(out)s
co nome do ficheiro novo que se obtén. Non é preciso introducir %(out)s
se o programa o gardou automaticamente nun ficheiro novo coa extensión correcta.
Liñas de comando que poden reproducir diferentes formatos de audio. %s
cambiarase co nome do ficheiro que se vai reproducir. O nome do ficheiro engadirase ao final da cadea a non ser que inclúa un %s
.
Xanela principal redimensionábel polo usuario: permite que o usuario redimensione a xanela principal do Solfege.
Modo experto: permite que o usuario seleccione que preguntas dos ficheiros de lección quere practicar. No ''modo experto'' non hai estatísticas almacenadas.
Seleccione un idioma: vostede pode seleccionar o idioma que queira de forma manual en caso de que o Solfege non o detectase correctamente, ou se prefire executar o Solfege nun idioma diferente ao do seu sistema operativo.
Non realizar unha pregunta nova até que se resolva a anterior: desactiva o botón "novo" até que se responda a pregunta correctamente ou o usuario prema en "abandonar".
Repite a pregunta se a resposta foi incorrecta: reproduce o son de novo cando o usuario dea unha resposta incorrecta.
Modo experto: en moitos exercicios, vostede só poderá practicar un subgrupo de preguntas do ficheiro de lección.
Hai tres formas de reproducir o son:
Use este modo para a depuración ou para portar o Solfege. Desta forma non se reproducen os sons, os eventos do midi cólanse no stdout.
Aquí, a mellor opción é xeralmente /dev/music
, xa que posúe o mellor soporte para os instrumentos de percusión. /dev/sequencer2
normalmente é unha ligazón simbólica a /dev/music
. Se o seu sistema non posúe /dev/music
, pode crealo con este comando como raíz (se vostede utiliza linux kernel versión 2.2 ou posterior):
cd /dev mknod music u 14 8
Isto pode ser de utilidade á hora de portar a sistemas que non empregan OSS, ou se vostede posúe un sintetizador midi de mala calidade na súa tarxeta de son e prefire usar TiMidity.
Comprobe o botón "A miña tarxeta de son é Sound Blaster AWE32, AWE64 ou pnp32" en caso de que vostede teña este tipo de tarxeta de son. Isto proporcionaralle unha percusión real no exercicio de ritmo. O código para unha nova tarxeta de son quedará aínda por engadir. Esta opción só será necesaria se vostede usa /dev/sequencer
para reproducir os sons midi.